Sociedade Galega do medio ambiente: A solución viable

    O deterioro do medio ambiente causado pola acumulación de lixo en vertedoiros e outros focos incontrolados levou á Xunta de Galicia á busca dunha solución que, seguindo as directivas e recomendacións da Unión Europea, a experiencia doutros países e, atendendo ás particularidades de Galicia, dese resposta a este grave problema. Neste marco nace o Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia, concebido de acordo coas directrices do Quinto Programa de Acción Comunitaria, no que se establece a xerarquía no tratamento e eliminación de lixo que producen os cidadáns -residuos sólidos urbanos- 

Minimización  
Evitala producción de Residuos.  
Reutilización  
Usa-lo meirande número de veces posible antes de tirar  
Reciclaxe  
Transforma-los residuos en materias primas de novos productos  
Valorización enerxética  
Transformar en enerxía eléctrica os residuos non reciclables nin reutilizables  
Vertido controlado  
Só como última opción despois de tódalas anteriores  
 
Última módificación : 16/06/97 15:40

Vuelta al índice